No DOG do 20/10/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2023, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo e de hixiene industrial, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019, pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2023, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo, de hixiene industrial e de ergonomía e psicosocioloxía aplicada, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019, pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Fan pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas.

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galiza desta resolución, para presentaren a documentación prevista na citada base.

Elevan esta relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.