No DOG do 25/10/2023 publican:

- CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 20 de xaneiro de 2023 pola que se modifican as resolucións do 22 de decembro de 2022, polas que se convocan os procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso nos distintos corpos, escalas e categorías de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

- CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 7 de agosto de 2023 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de veterinarios (subgrupo A1), das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Resolución do 10 de decembro de 2020 (Diario Oficial de Galiza número 249, do 11 de decembro).