No DOG do 04/12/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2023, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso oposición, para o ingreso na escala auxiliar de coidadores, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral de Comunidade Autónoma de Galiza, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 26, do 7 de febreiro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do exercicio da fase de oposición.

Terá lugar o día 15 de decembro de 2023, no pavillón 1 da Feira Internacional de Galiza-Abanca en Silleda, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas.

- RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2023, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso oposición, para o ingreso na escala de auxiliar de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do exercicio da fase de oposición.

Terá lugar o día 15 de decembro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, no pavillón 1 da Feira Internacional de Galiza-Abanca, 36540 Silleda.