No DOG do 04/12/2023 a FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA PARA A TUTELA DE PERSOAS ADULTAS publica:

- RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2023 pola que se amplía o prazo máximo para a realización do exercicio do proceso selectivo para o ingreso no grupo II e grupo III, categoría 62, de persoal laboral fixo.

Amplían en trinta (30) días hábiles o prazo máximo para a realización da proba de oposición.

- RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2023 pola que se modifica a composición do tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no grupo II e grupo III, categoría 62, de persoal laboral fixo.

- RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2023 pola que se modifica a composición do tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no grupo I, grupo II, grupo III, categoría 62, e grupo IV, de persoal laboral fixo.