No DOG do 04/12/2023 a CORPORACIÓN RADIO E TELEVISIÓN DE GALIZA, S.A. publica o ANUNCIO polo que se fai pública a convocatoria dun proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso como persoal laboral fixo en diversas categorías.

As bases do proceso selectivo están expostas na páxina web da Corporación (http://www.crtvg.gal/). O prazo de presentación de solicitudes abrirase o día 5 de decembro de 2023 e terá unha duración de 20 días hábiles. Todas as publicacións e notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo faranse públicas na indicada páxina web.