No DOG do 07/12/2023 publican a RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2023 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021 (Diario Oficial de Galiza número 115, do 18 de xuño).

Publican como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e que, segundo a base V.7 da convocatoria, son convocadas á elección de destino definitivo, segundo a orde que, en aplicación das bases da mesma, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino. As ditas persoas aspirantes están condicionadas á superación do período de prácticas para facer efectiva a elección de destino.

Os postos ofertados para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución.