No DOG do 11/12/2023 publican a RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2023 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade de traballo social, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e promoción interna, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galiza número 213, do 8 de novembro).

Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes que comezará a computar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.