No DOG do 12/12/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 21 novembro de 2023, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso na escala auxiliar de coidadores, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 65, do 4 de abril), pola que se resolven as reclamacións presentadas ás puntuacións do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Consonte o sinalado no punto anterior, publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas á proba realizada o día 7 de xullo de 2023, correspondente ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso na escala auxiliar de coidadores, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, convocado pola Resolución da Consellaría de Facenda e Administración Pública do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril), no portal web da Xunta de Galiza funcionpublica.xunta.gal

- RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, convocado mediante a Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 65, do 4 de abril), pola que se resolven as reclamacións presentadas ás puntuacións do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Publicar as novas puntuacións obtidas por estas seis (6) persoas aspirantes no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal