No DOG do 18/12/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2023, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica auxiliar de informática, convocado pola Resolución do 21 de decembro de 2021 pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 20 de decembro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, no Seminario B da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), sita na rúa de Madrid, 2, Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, convocado mediante a Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 65, do 4 de abril), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Convocan para a realización do segundo exercicio da fase de oposición as persoas aspirantes que se relacionan no DOG, que, de acordo co establecido na base II.1.1.2 da convocatoria, non acreditaron estar en posesión do Celga 3 ou equivalente.

este segundo exercicio da fase de oposición terá lugar nas aulas 2 e 11 da Escola Galega de Administración Pública (rúa de Madrid, 2, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña) o día 20 de decembro de 2023 en chamamento único que se iniciará a las 15.30 horas.