No DOG do 26/12/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2023 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral e corpo facultativo superior de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo I, do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.

- RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2023 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo de xestión da Administración xeral e corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo II, do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.

- RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2023 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo administrativo da Administración xeral, subgrupo C1, e do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo III, do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.

- RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2023 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar da Administración xeral e do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial, subgrupo C2, por parte do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes aos grupo IV e V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.

- RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2023 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da agrupación profesional de persoal funcionario do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo V, do V convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.

Para ser admitidas no proceso de funcionarización, as persoas aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

Ser persoal laboral fixo da Xunta de Galicia das categorías establecidas no anexo I, que ocupe un posto dos establecidos no anexo II.

Reunir os requisitos xerais establecidos para o acceso aos corpos e escalas de Administración xeral e especial da Comunidade Autónoma de Galiza.

Figurar na listaxe de postos que consta, para cada corpo ou escala, como anexo II á presente convocatoria.

O prazo para formalizar telematicamente as solicitudes será de vinte (20) días hábiles e iniciarase o día 15 de xaneiro de 2024.