No DOG do 11/01/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, especialidade xurídica, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro), pola que se lle dá publicidade a diversos acordos.

Publican as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante concurso oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, especialidade xurídica.

- RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade educación infantil, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

De acordo coa base III.1.2.8 da convocatoria, publícanse no portal web corporativo da Xunta de Galiza funcionpublica.xunta.gal as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao exercicio único obrigatorio do proceso selectivo, así como a relación daquelas que non acadaron a puntuación mínima de 30 puntos establecida na base III.1.1 da convocatoria.