No DOG do 14/02/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2024 pola que se amplía o prazo de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos, especialidades de bibliotecas e museos.

- RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2024 pola que se amplía o prazo de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

- RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2024 pola que se amplía o prazo de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1.

- RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2024 pola que se amplía o prazo de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia, subgrupo A2.