No DOG do 16/02/2024 publican:

- ACORDO do 1 de febreiro de 2024, do tribunal nomeado para xulgar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, convocado pola Resolución do 22 de xuño de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 121, do 27 de xuño), polo que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar na aula 2 da Escola Galega de Administración Pública (rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña) o día 22 de febreiro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas.

- RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2024, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galiza número 241, do 17 de decembro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o 21 de febreiro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 11 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela, na rúa Madrid 2-4 (As Fontiñas).

- RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de minas, convocado mediante a Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 65, do 4 de abril), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o 22 de febreiro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 6 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid 2-4, en Santiago de Compostela.