No DOG do 16/02/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2024, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 65, do 4 de abril), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2024, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.