No DOG do 19/02/2024 publican a RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2024, do tribunal do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 e modificado polas resolucións do 20 de xaneiro e do 6 de febreiro de 2023, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo extraordinario de estabilización no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal. Publican a relación de persoas aspirantes que non acadan o número de respostas correctas necesarias para obter a puntuación mínima de 15 puntos, así como a relación das que non acadaron os mínimos establecidos na base III.1.1.1 da convocatoria.