No DOG do 19/02/2024 o INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA publica o ANUNCIO do 13 de febreiro de 2024, da Comisión de Selección, polo que se publica o Acordo do 8 de febreiro de 2024 polo que se fai pública a baremación definitiva e se abre o prazo de acreditación dos méritos alegados, en relación coa convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías de técnico superior, técnico medio, oficial administrativo e auxiliar administrativo do persoal laboral fixo, convocado mediante o Anuncio do 20 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 248, do 30 de decembro).