No DOG do 21/02/2024 publican a RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, convocado mediante a Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 65, do 4 de abril), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Publican no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal as cualificacións das persoas aspirantes convocadas para a realización do segundo exercicio.