No DOG do 26/02/2024 publican a ORDE do 16 de febreiro de 2024 pola que se regula o procedemento para o nomeamento como persoal funcionario de carreira do persoal laboral fixo de determinadas categorías profesionais que superou os procesos de funcionarización convocado polas resolucións do 26 de abril de 2021 e do 12 de maio de 2021.

O persoal laboral fixo incluído no anexo II deberá asinar un acordo de extinción do contrato de traballo, consonte o artigo 7.2 do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galiza. A data de sinatura deste acordo de extinción será o 29 de febreiro de 2024.

A extinción estará condicionada á efectiva toma de posesión como persoal funcionario de carreira.

A toma de posesión como persoal funcionario de carreira, que implicará o cambio do vínculo xurídico coa Administración, será o 1 de marzo de 2024.