No DOG do 26/02/2024 publican o ACORDO do 16 de febreiro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, convocado mediante a Resolución do 22 de xuño de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 121, do 27 de xuño), polo que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 29 de febreiro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 2 da Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela (rúa de Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas).