No DOG do 05/03/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, convocado mediante a Resolución do 5 de xullo de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 129, do 7 de xullo) pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 16 de marzo de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 9 da Facultade de Dereito en Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información (Diario Oficial de Galiza do 7 de xullo), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 16 de marzo de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, no salón de actos da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela (Campus Vida, avenida do Doutor Ángel Jorge Echeverri, s/n, 15782 Santiago de Compostela, A Coruña).