No DOG do 06/03/2024 a FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA CENTRO TECNOLÓXICO DE SUPERCOMPUTACIÓN DE GALIZA publica o ANUNCIO polo que se convoca o proceso selectivo para cubrir unha praza de persoal técnico.

As bases do proceso selectivo para esta praza están expostas na sede do Cesga (avenida de Vigo, s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web (https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/).

O prazo de presentación de solicitudes para optar a este posto será de dez (10) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galiza.