No DOG do 12/03/2024 publican a RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2024, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 65, do 4 de abril), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 16 de marzo de 2024, na sala de lectura e nas aulas 6 e 7 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas.