No DOG do 13/03/2024 publican a RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Convocan a aspirante Diana Nogueiras Iglesias para a realización do segundo exercicio do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021. Terá lugar o 19 de marzo de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, nas aulas 2, 6, 7 e 11 da Escola Galega da Administración Pública, no polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña). 

Convoca a asnpirante Diana Nogueiras Iglesias (DNI ***6639**) para a realización do primeiro exercicio do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021. Terá lugar o 2 de abril de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, na sala D do Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

A corrección do segundo exercicio da aspirante Diana Nogueiras Iglesias quedará condicionada á superación do primeiro exercicio.