No DOG do 13/03/2024 publican a RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2024 pola que se amplía o prazo máximo establecido na Resolución do 22 de febreiro de 2024 pola que se fai público o procedemento para a acreditacion dos méritos do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, e para o ingreso nas categorías 7, 20, 21, 24, 25, 31, 32, 33, 34, 37 e 39 do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galiza.

Amplian o prazo para presentar a solicitude de actualización de méritos e a documentación acreditativa destes, para formular alegacións ou para emendar o estado de «acreditación documental incompleta».

O dito prazo finalizará o 20 de marzo de 2024.