No DOG do 15/03/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2024, da comisión designada para xulgar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral e corpo facultativo superior de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo I do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución do 15 de decembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 243, do 26 de decembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización da proba tipo test do proceso selectivo.

Terá lugar o día 16 de abril de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, na aula 7 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

- RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2024, da comisión designada para xulgar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo de xestión da Administración xeral e corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo II do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución do 15 de decembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 243, do 26 de decembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización da proba tipo test do proceso selectivo.

Terá lugar o día 16 de abril de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, nas aulas 6 e 11 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

- RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2024, da comisión designada para xulgar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo administrativo da Administración xeral, subgrupo C1, e do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo III, do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución do 15 de decembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 243, do 26 de decembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización da proba tipo test do proceso selectivo.

Terá lugar o día 9 de abril de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, nas aulas 7, 8, 11 e 12 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

- RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2024, da comisión designada para xulgar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar da Administración xeral e corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes aos grupos IV e V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución do 15 de decembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 243, do 26 de decembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización da proba tipo test do proceso selectivo.

Terá lugar o día 23 de abril de 2024, na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.

- RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2024, da comisión designada para xulgar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da agrupación profesional de persoal funcionario do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao grupo V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución do 15 de decembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 243, do 26 de decembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización da proba tipo test do proceso selectivo.

Terá lugar o día 23 de abril de 2024, na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.