No DOG do 25/03/2024 publican a RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2024, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica auxiliar de informática, convocado pola Resolución do 21 de decembro de 2021, pola que se modifican as puntuacións do primeiro exercicio na quenda de promoción interna.

O tribunal acorda publicar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal a modificación das puntuacións acadadas no primeiro exercicio polas persoas aspirantes da quenda de promoción interna.