No DOG do 26/03/2024 publican a RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2024, do tribunal nomeado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio.

Terá lugar o día 17 de abril de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid, 2-4, en Santiago de Compostela, na seguinte aula: aula 11.