No DOG do 01/04/2024 PORTOS DE GALIZA publica a RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2024 pola que se dá publicidade á modificación da Resolución do 20 de setembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza núm. 186, do 29 de setembro) pola que se aproban e fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, mediante o sistema de concurso, para o ingreso no grupo III, na categoría de administrativo.