No DOG do 02/04/2024 publican a RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de veterinarios, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao primeiro exercicio deste proceso selectivo no portal web corporativo da Xunta de Galiza, funcionpublica.xunta.gal