Na Mesa Xeral de Empregados Públicos do mercores 21 de xullo, discutiuse a convocatoria de proceso selectivo de diversas escalas sanitarias (Lei 17/1989). A CIG mantivo as alegacións presentadas previamente por escrito. Estas foron as grandes liñas que defendeu a CIG:

Das nosas alegacións só admitiron a retirada do requisito do carné de conducir da convocatoria, suprimir o tema 4 da parte específica de subinspectores médicos  e aumentar o tempo mínimo de exame a 180 minutos. Con respecto ao compromiso de estudar a posibilidade de reducir o temario e anular os temas que non se adecuaban ás funcións do posto, a representante da Consellaría comunicounos que non ían variar nada.

Dende a CIG manifestamos que aínda que aceptaron parte das nosas alegacións hai eivas moi importantes para nós nesta convocatoria que fan que sexa inaceptable, tales como a computación de tempo dos servizos prestados, o número de prazas, o tipo de exercicio (non aceptan o test) ou os temarios.

Finalmente deixamos constancia da nosa queixa respecto de que a Consellería remita, unha vez tras outra, documentación a sindicatos que non representan aos traballadores/as afectados tales como a Confederación española de sindicatos médicos entre outros.

O tema está máis que finiquitado e polas respostas da Consellaría e a presa por sacar a convocatoria (mediados de agosto) podemos deducir que non van cambiar nin unha coma máis e vai ir tal cual á comisión de persoal.

Descargar rascunho da convocatoria.