Achéganos Función Pública a listaxe de postos vacantes que se ofertarán para a toma de posesión provisional das persoas aspirantes que superaron o proceso ordinario para o ingreso no subgrupo C1.  Esta listaxe aínda é provisional e pode sufrir algún cambio respecto á definitiva en función das alegacións presentadas.

O criterio que Función Pública aplica no caso de ofertar destinos provisionais é o de excluír aqueles postos ocupados co mesmo carácter de provisionalidade por outro persoal funcionario. Sen embargo, neste caso, e á vista das previsións de amortizacións e outras modificacións previstas nas distintas RPT, para cubrir o número de vacantes decidiron incluír os postos de nivel 14 ocupados en comisión de servizos. Para a adopción deste último criterio, tiveron  en conta que as ditas comisións de servizo rematarían en todo caso coa resolución do concurso de traslados.

A postura da CIG-Autonómica podédela atopar no seguinte enlace.

Descargar listaxe