O 14 de decembro de 2010 realizouse unha nova xuntanza da Comisión Técnica de Procesos Selectivos. Nesta sesión, a Administración presentou unha proposta de instrucións que continúa a ser insuficiente para a CIG-Autonómica.

Entre as novidades desta proposta está a implicación da Comisión Técnica na toma de decisións sobre o sistema de fotocopiado de exames. Continúan a ser insuficientes, no entanto, os cambios no que atinxe ao funcionamento colexiado dos tribunais e sobre o método de escolla das preguntas en cuestionarios de preguntas con respostas alternativas.

A Administración anunciou que teñen intención de publicar as instrucións con rango regulamentario de Orde, co fin de que sexa de aplicación a todos os procesos selectivos.

Por outro lado, desde a CIG-Autonómica entendemos que para alcanzar unha mellora real do sistema de procesos selectivos é necesario tratar o sistema de designación dos membros dos tribunais, e demandamos da Administración que se revise a actual normativa neste punto.

Para descargar a proposta de instrucións presentada pola Administración, premer aquí.