O día 1 de febreiro, ás 10.30, terá lugar no salón de actos pequeno da Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, o sorteo público no que se determinará a orde de actuación dos aspirantes nos procesos selectivos que se deriven da oferta de emprego público 2011, de conformidade coa normativa de aplicación.

Unha OEP que recordamos vai a ser publicada, segundo o director xeral de Función Pública, neste primeiro trimestre e que será pequena e fundamentalmente de promoción interna de persoal funcionario.