Listaxes definitivas publicadas no DOG 02/03/2011

Achegámosvos para o voso coñecemento as listaxes de postos vacantes que se ofertarán ás persoas que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de subalternos da OEP do 2007 que se atopaban en destinos provisionais, e nos subgrupos A1 e A2.

A elección de destino realizarase o venres 4 de marzo na EGAP ás horas seguintes:

- Subgrupo A1 (P.I. e libre acceso ordinario) ás 09:00 h: Listaxe de postos ofertados.

- Subgrupo A2 (P.I., libre acceso ordinario e extraordinario de consolidación)  ás 10:00 h: Nova Listaxe de postos ofertados.

- Grupo E (convocatoria de 2007) ás 12:00 h: Listaxe de postos ofertados.

Os subalternos da OEP 2008, que están actualmente en destino provisional, serán convocados para elixir de destino definitivo proximamente, en canto se coñeza o resultado de elección de destino dos da OEP 2007.


Para os subgrupos A1 e A2, o anexo de postos vacantes será único e a orde de escolla será a seguinte:

Subgrupo A1:

1º. Aspirantes que superaron o proceso selectivo pola quenda de promoción interna
2º. Aspirantes que superaron o proceso selectivo ordinario


Subgrupo A2:

1º. Aspirantes que superaron o proceso selectivo pola quenda de promoción interna
2º. Aspirantes que superaron o proceso selectivo ordinario
3º Aspirantes que superaron o proceso selectivo de consolidación de emprego

NOTA; Na Promoción Interna da OPE 2008 nos subgrupos A1 e A2 podía presentarse calquera persoa do subgrupo anterior, de calquera dos corpos ou escalas da Xunta. Agora se aprobou algunha persoa das escalas que ocupaba un posto non aberto ao corpo xeral, non se reclasifica a plaza, polo tanto ten que escoller destino.