Con motivo da recente oferta das prazas para elección de destino definitivo do subgrupo A2, a CIG-Autonómica presentou queixa ante o director xeral de Función Pública por aparecer nesta lista prazas que non pasaron de xeito efectivo por un concurso de traslados.

Nun primeiro momento Función Pública remitíanos un  listado de prazas para este subgrupo e posteriormente, arguíndo que non eran suficientes, remitía de novo outro no que incorporaba as prazas que quedaron vacantes tras o proceso de resultas do concurso de traslados actual. Aínda que non hai nada regulamentado que o impida, esta oferta de prazas vai en contra do que tradicionalmente foi o costume en todos os procesos que levamos nos corpos xerais da Xunta de Galiza.

Reivindicamos a prioridade do persoal funcionario que leva moitos anos agardando por postos de nivel ou de localidades de servizos periféricos moi demandadas, algo que os compañeiros e compañeiras de novo ingreso teñen que entender.

Xa que logo,  solicitamos que de non son suficientes as prazas vacantes existentes que reclasifiquen as de nivel inferior., como sucede co caso das promocións internas. De non ser posible, se oferten en destino provisional sempre e cando as persoas que entran en destino provisional non se vexa penalizada en vindeiros concursos de traslados no apartado de permanencia.  Desde a CIG-Autonómica entendemos que o destino provisional ten que ser unha excepción e ten que estar condicionado a garantir os dereitos do persoal funcionario para acceder prioritariamente a todas as prazas vacantes.


Última hora: a Dirección Xeral da Función Pública responde o 03/03/2011 ao escrito remitido pola CIG-Autonómica.