Con data do 08/03/2011, e ao mesmo tempo que se remiten ao DOG as ordes convocatoria dos actos públicos de elección, achegounos a Administración as listaxes de postos vacantes que se ofertarán ás persoas que superaron os seguintes procesos selectivos:

- C1 promoción interna e libre. Descarga a listaxe.

- C2 Promoción interna. Descarga a listaxe.

- AP OPE 2008.  Descarga a listaxe.

Os actos de elección terán lugar o luns, 14 de marzo, no salón grande da Consellaría de Presidencia en San Caetano cos seguintes horarios: 9:00=>C2; 10:30=>C1; 12:30=>AP

Polo que respecta aos procesos restantes, C1 consolidación e do C2 consolidación e libre, os seus actos de elección levaranse a cabo de forma independente unha vez realizadas as exclusións daqueles aspirantes que sexan nomeados para o mesmo subgrupo.