Na eleición de destino de C1, as augas están moi revoltas: oferta de postos de nivel alto, retirada de postos anunciados..

O Secretario Nacional da CIG-Autonómica estivo a falar, de camiño a San Caetano, co Director Xeral da Función Pública. A este problema moi dificil so lle vemos solución se dan estes pasos:

  • Suspensión do acto de eleición de destino convocado para o luns 14 de marzo.
  • Recualificación dos postos C2 dos institutos para que estean abertos tamén a C1, pois estes postos xa teñen o nivel mínimo do grupo C1.


O sábado 12 de marzo van publicar un DOG coa convocatoria de elección de destino do C2 (promoción interna). Así que atentos. E tamén atentos ao web da CIG-Autonómica, pois é posibel que o luns organicemos algo en San Caetano.

Xa transmitimos os problemas a Función Pública, verbalmente e por escrito, e agardamos que no DOG do sábado 12 desconvoquen a eleición de destino.

Se non o fan nin hai cambios, o luns estaremos presentes no acto, e chamamos aos afectados, tanto funcionarios/as de carreira como a funcionarios/as de novo ingreso, a participar nas accións que organicemos.