O 24/03/2010 o director xeral de Función Pública mantivo unha reunión informativa coas organizacións sindicais previa á Mesa Xeral do 25 de marzo sobre, entre outros, os seguintes temas: OPE 2011, RPTs e acordo de persoal veterinario, concurso de traslados grupo Vnovo concurso de traslados de Administraicón xeral.

OPE 2011

  • O venres 25 de marzo, irá a mesa xeral a OPE de 2011, xunto coa de 2009 e pero non van presentar o número de prazas por corpos e escalas, senón de xeito xenérico. A intención é que se aprobe no Consello da Xunta do próximo xoves 31.

  • As escalas non poderán participar na Promoción Interna a Corpos Xerais.

  • Elimínase a reclasificación do posto que se estaba a desempeñar para continuar nel as persoas que aproben por promoción interna, isto é, so se adxudicará destino no mesmo posto naqueles que estivesen abertos ao corpo do grupo de titulación ao que accede. Xustifícano polo custo económico. Esta medida é para a oferta de 2011, na de 2009 mantense igual.

  • Serán ofertas separadas as de 2009 e 2011, a oferta de 2011 estará composta por unhas 100 prazas para promoción interna (das cales 82 son as que non se cubriron da oferta 2008 de Subalternos/as ao C2) e 170 prazas de Aceso Libre (todas elas de Administración Especial)

  • 24 prazas creadas como persoal funcionario derivadas de sentenzas de indefinición tamén irán a OPE 2011.

  • Non sairá ningunha praza de persoal laboral.

Persoal veterinario

Están moi avanzadas as RPT´S, a próxima semana convocarán a comisión de seguimento do acordo para, entre outras cousas, e como solicitou a CIG, negociar as funcións do persoal veterinario destinado na Consellería do Mar. Tan pronto como se aprobe a RPT sairá o Concurso de Traslados. A promesa é que no mes de Abril estea publicada a RPT e o Concurso.

Concurso de traslados persoal laboral - Grupo V

Na mesa xeral do vernes 25 comunicará se sae o concurso coas prazas de Medio Rural ou se polo contrario se amortizan estas 147 prazas. O concurso vai a publicarse de xeito inminente, coas prazas de Medio Rural ou sen elas.


Concu
rso de traslados persoal funcionario
Antes do verán sairá un novo concurso de traslados de Administración Xeral con unhas 500 ou 700 prazas.

Modidifcación estrutural das Consellarías de Industria e de Educación
Modifícase a estrutura orgánica das Consellerías de Industria e Educación, Suprímese o Servizo de Formación e Consolidación de Investigadores e Tecnólogos da Consellería de Industria e créase o Servizo de Planificación e Estruturación da Investigación na Consellería de Educación.

Plan de establización de emprego de persoal laboral
A CIG pregúntalle por as prazas de estabilización de emprego de persoal laboral e que pasa coa oferta de 2008 de 1430 prazas, ao que contesta que irán sacando esta oferta conforme se vai resolvendo o concurso de traslados de persoal laboral e o proceso de consolidación.