Despois de toda a polémica xurdida ao redor do tribunal deste proceso selectivo, e máis de todos os paróns habidos e por haber, o 7 de abril publicouse no DOG a campanada que levaba soando na páxina de Función Pública toda a semana.  A resolución do tribunal que ditamina a relación de persoas aprobadas do 2º exercicio  (63) fai unha interpretación das bases completamente diferente ao que agardaba esperar (250).

Máis en concreto falamos da base II.1.1.2. da que parece que o tribunal só colleu o de "para superalo será necesario obter un mínimo de 4 puntos na primeira proba e de 10 puntos no total resultante da suma das dúas" esquecéndose da segunda parte "esta puntuación mínima virá dada pola que acade o/a aspirante que quede clasificado na posición número douscentos cincuenta (250) nunha escala establecida entre o aspirante con máis puntuación outorgada polo tribunal e o que teña a menor delas".

Desde a CIG-Autonómica queremos deixar claro que respectamos a discrecionalidade do tribunal pero que esta non pode chegar ata termos de darlle unha interpretación parcial ás bases. Unha interpretación que racha coa filosofía da consolidación e que non se deu en ningún outro grupo nin proba e que de facerse así suporía unha  discriminación. evidente. Xa que logo, poñemos a diposición da nosa asesoría xurídica o caso para a presentación do oportuno recurso.

Descarga a resposta de Función Pública