A Administración achegounos os últimos borradores dos temarios das categorías 004 e 007 dos grupos I e II respectivamente. Este borradores eran os que quedaban pendentes de achegar do total dos grupos afectados polos procesos de consolidación. O límite para presentar alegacións como organización sindical remata o 10 de maio, xa que logo se queredes facernos chegar algún comentario, facedeo antes dese día a través da nosa conta de correo autonomica@cigadmon.gal

Con relación ao resto de temarios dos grupos I, II e III, e contando tamén coas colaboracións achegadas en tempo, a CIG presentou as seguintes alegacións.

Descarga o borrador do temario do grupo I-004

Descarga o borrador do temario do grupo II-007