A CIG presentou con data do 6 de maio as alegacións á proposta de temario presentada pola Administración. Como alegación transversal indicamos que o temario que se mandou é demasiado xeneralista. É preciso que a Administración poña á disposición dos opositores o temario desenvolvido e proceda a ofrecer simuladores, tutoriais e ferramentas para a preparación da oposición. Hai unha teima co software privado que consolida a posición de Microsoft na Xunta e xenera un inxente gasto para as arcas públicas. Solicitamos que se poña a disposición dos opositores o software que sexa necesario para preparar as probas selectivas xa que, doutro xeito, estaríase obrigando a desembolsar aos cidadáns miles de euros (e non é un dicir).

Descarga as alegacións de xeito pormenorizado