Publicadas no DOG do 18 de Maio as resolucións polas que se aproban e fan públicas as listas definitivas de admitidos e excluídos ao proceso selectivo para o acceso a categoría 31 do grupo IV (LEGOEIRO) do cadro de persoal laboral fixo, tanto para acceso libre como para promoción interna. As listas podes consultalas desde a páxina web de Función Pública.

Asemade publícase a Orde da Consellería de Facenda do 11 de Maio pola que se nomea o Tribunal que deberá cualificar os procesos selectivos.