Antes de rematar o mes haberá un novo cronograma para os procesos da OPE 2009, para a maioría de concursos de traslados só temos promesas ambigüas.

Que os cronogramas de Función Pública fallan máis ca unha escopeta de feira sabeo todo o mundo, que o director xeral xera tan pouca confianza como para cualificar as súas afirmacións de bono lixo tampouco é nada novo. O que si é novo é o tradutor que construíu a CIG para traducir as palabras baleiras de contido do director xeral e pódervos dicir o que está pensando.

Descarga CIG-Informa coas previsións