Varias convocatorias de procesos selectivos están movéndose estes días a diferentes niveis: achega de borradores para discusión e achega de convocatorias para a súa aprobación na vindeira Comisión de Persoal. Unhas das máis agardadas son as das prazas de corpos xerais do A1 (20), A2 (15) e C2 (30) da OPE 2009. Nunha xuntanza informal mantida o 18 de xullo se nos informou dos cambios aceptados pola Administración á raíz das diferentes alegacións presentadas.

Proceso selectivo para o corpo auxiliar
Vai ser o primeiro proceso selectivo onde no 2º exame se esixa coñecemento de MS Office (versión 2010) e OpenOffice (versión 3.2).

Comentan que o contrato da Xunta con Microsoft en relación á suite ofimática vence este ano e que non se vai renovar. Ao ter compradas as licencia a Xunta vai seguir usando a suite de MS mentras teña soporte técnico pero é intención ir facendo a substitución da mesma polo Openoffice de xeito gradual. Por iso a necesidade de que nas oposicións se manteña a esixencia de coñecemento do software de pago. Comentan que a implantación do openoffice require cursos de formación por parte da EGAP e que polo tanto dos 4500 que se van dar sobre suites ofimáticas vanse repartir á metade entre as dúas. A maiores se vai permitir aos empregados públicos poder acceder telemáticamente á formación nesta área de xeito voluntario para aqueles que queiran actualizar os seus coñecementos sen adoptar o formato de cursos de formación.

Non admiten ningunha das nosas alegacións.

Proceso selectivo para o corpo superior, A1 e A2
Cambian a orde dos exames e o segundo será o práctico e o terceiro o de temas.

Suprimen do exame tipo test a Lei Orgánica do Consello de Estado e a Lei Xeral Orzamentaria do Estado. Tamén substitúen na parte Xeral o Civil por Laboral.

Se suprime o tema 19 da parte especial (discapacidade).

So admiten a proposta de aumentar o tempo do  exame do A2 a 125 minutos.

Proceso selectivo para o corpo superior, A1 e A2, escala de informática
Sen cambios.

Descarga as convocatorias do A1, A2 e C2 de corpos xerais (con cambios)