O venres, 22 de xullo, publícase no web de Función Pública un novo cronograma dos procesos selectivos pendentes.

Descarga cronograma

Desde a CIG reclamamos un cronograma serio e veraz. Non admitimos que se poida achegar un cronograma en xullo no que figuran datas de 1º semestre que xa están fóra de tempo, ben porque non se van cumrprir (caso da consolidación do persoal laboral, a promoción interna de corpos xerais OPE 2009 ou o nomeamento do persoal funcionario A1 da OPE 2008) ou ben porque os procesos xa remataron (nomeamento do resto de persoal funcionario de corpos xerais).