Achéganos a Administración nove propostas finais de temarios para os procesos de consolidación do persoal laboral unha vez examinadas polas correspondentes consellerías as alegacións presentadas. Haberá unha xuntanza para o seu estudo o vindeiro xoves, 28 de xullo. Para o estudo das restantes categorías convocarase outra xuntanza.

Descarga os temarios específicos

(I-002: titulado/a superior médico/a, I-005: titulado/a superior veterinario/a, I-017: bilbiotecario I-032: técnico/a superior en centros de arte,  II-027: téc. sup. diplomado informático, III-015: experto en exposicións, III-017: analista de laboratorio, III-029, delineante, III-030/091: programador/téc. especialista en informática)