A pesar do anuncio da renovación do cronograma de procesos selectivos con data de 22 de xullo, e permanecer máis de 15 días publicado na web de Función Pública un documento desactualizado, por fin está dispoñible un cronograma con visos de realidade.

Descarga o novo cronograma

Porén, desde a CIG-Autonómica, seguimos reclamando unha vontade negociadora real nos procesos pendentes e unha maior seriedade e previsión no seu desenvolvemento, así como a inmediata publicación pola EGAP dos temarios dos procesos xa convocados.