No DOG do 09/11/2011 publícase a modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

Tal e como aparece na orde, os 4 membros que ostentan cargos que implican relación xerárquica con aspirantes que participan no referido proceso selectivo. Cómpre recordar que o problema fundamental se atopa en que a Administración se empeña en manter a designación política dos tribunais. Mentres non se solucione este aspecto, a claridade dos procesos levará sempre enriba a espadada de Damocles.

Esta situación foi denunciada a finais do mes pasado tanto pola CIG coma por outras centrais sindicais. Pero sobre todo, a principal labor foi feita polo grupo de afectados que fixo un excelente traballo ao recompilar a información e distribuíla por todas as centrais sindicais. Isto é un claro exemplo de como coa colaboración de todas as compañeiras e compañeiros podemos cambiar as cousas.