Nas convocatorias destes procesos establécese que “se terán en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que no momento da publicación no DOG do nomeamento do tribunal do proceso conten con publicación oficial no boletín ou diario correspondente”.

No BOE do 16/11/2011  publicouse o Real Decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lei de contratos do sector público. No DOG 24/10/2011 publicouse tamén a nova Lei de patrimonio de Galicia. Nos anexos das convocatorias destes procesos facíase referencia ás normas antigas. Xa que logo, faise necesaria unha aclaración de a que partes dos novos textos se están facendo agora referencia.

Función Pública vén de colgar no seu web 3 notas aclaratorias con respecto a como afecta estas novas normas aos temarios destes 3 procesos selectivos:

De momento a EGAP ten colgado na súa web os temarios cos textos antigos para A1 e A2 (dos que aínda non se nomeou tribunal) e co  novo texto íntegro para o C2 (cuxo tribunal foi nomeado recentemente). Porén, confírmanos a súa intención de adaptar eses temarios á nova normativa e ás notas aclaratorias de Función Pública.