No DOG de 20/12/2011 publícase a Orde do 13 de decembro de 2011 pola que se nomean os membros do tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos.

Continúa o aluvión de persoal de libre designación nos tribunais de selección: neste caso, o 50% dos membros dos tribunais titular e suplente son xefes de servizo, cuxa continuidade no posto de traballo depende de criterios de discrecionalidade política:

- Xefe do Servizo de Valoracións da Dirección Xeral de Tributos da Consellería de Facenda

- Xefa do Servizo de Programación, Xestión de Investimentos e Apoio Administrativo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (CMATI)

- Xefe do Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

- Xefe do Servizo de Valoracións da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Facenda

- Xefa do Servizo Técnico-Xurídico do Instituto Galego de Vivenda e Solo da CMATI

Desde a CIG-Autonómica opoñémonos ao actual modelo de designación política dos tribunais de selección e seguiremos demandando unha reforma de calado para garantir a súa independencia.